Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-784
Clasificación Genérica Documentos e publicacións; Libros relixiosos
Objeto/Documento Libro
Autor/a Gil de Taboada, Cayetano [Arzobispo y Señor de la Santa Iglesia, Ciudad, y Arzobispado de Santiago.
Nacido o 7 de agosto de 1688, tomou posesión da diócese compostelana o 18 de novembro de 1745.]
Aguayo, Buenaventura [Impresor. Natural da vila de Alhóndiga, pertencente ao partido xudicial de Sacedón na provincia de Guadalajara. Nace alí o 14 de xullo de 1696.]
Piedra, Jacobo de la [Gravador. (1722-1779). Gravador en cobre, madeira e chumbo e plateiro. Naceu en Santiago de Compostela, fillo de Francisco da Pedra e de Jacoba González.]
Título Constituciones Synodales del Arzobispado de Santiago, hechas por el Illmo. Sr. D. Cayetano Gil Taboada. Arzobispo, y Señor de la Santa Iglesia, Ciudad, y Arzobispado de Santiago (...)
Materia/Soporte Papel
Pel
Técnica Gravado [gravado a buril]
Impresión tipográfica
Dimensiones Longo = 16 cm; Altura = 20 cm; Anchura = 5 cm
Descripción Un volume en oitavo maior, encadernado en plena pel non nervios e dourados no lombo. 1 f., 1 gravado, 23 f., 304 p., 100 p., 10 f.
Esta obra constitúese nunha das mellores impresas en Galicia na primeira metade do século XVIII. Para ilustrala contará coa aportación de Jacobo de la Piedra, abríndose numerosos gravados en estaño para viñetas, ademáis de dúas estampas coa escea de Santiago na batalla de Clavijo e o escudo de armas do arcebispo compostelán, Gil Taboada.
Ademáis do texto relativo ás sinodales, a obra compleméntase con varias bulas que se citan nas constitucións, estas teñen paxinación conxunta, que se estende a 100 p.Texto das Constitucións:Portada: Realizada a dúas tintas, vermella e negra. Presenta o texto enmarcado por unha sinxela orla: Constituciones synodales del arzobispado de Santiago, hechas por el Illmo. Señor D. Cayetano Gil Taboada. Arzobispo, y Señor de la Santa Iglesia, Ciudad, y Arzobispado de Santiago. En la Santa Synodo Que su Señoria Illma. celebrò en los dias 1. 2. y 3. del mes de Junio del año de 1746. // Impressas en la misma Ciudad por Buena-Ventura Aguayo, , en la Rua-Nova. Año de M. DCC. XL. VII.
Gravado: Situado a continuación da portada, realizado por Jacobo de la Piedra. Representa a Santiago Matamouros. A figura aparece a cabalo, rodeada dunha orla luminosa, Santiago caracterízase como peregrino, portando sombreiro adornado con vieiras. Cúbrese con capa. Na súa man esquerda, alzada, blande unha espada, na dereita porta o escudo coa Cruz de Santiago e un estandarte no que figura tamén dita cruz, así como dúas vieiras. O cabalo represéntase en actitude de movemento, sobre un grupo de mouros mortos e feridos, á súa esquerda un mouro tenta protexerse levantando o seu escudo en alto e blandendo na súa man dereita unha espada.Logo dos pertinentes preliminares, sitúase o texto que nos ocupa, estructurado en títulos, que á súa vez se dividen en constitucións. O texto aparece decorado con iniciais e con viñetas que presentan diversos motivos (incluso xacobeos) que tamén se supoñen saídos do taller de Jacobo de la Piedra. Nótase a falta, xa que debería estar situado nos preliminares, do gravado correspondente ao escudo do arcebispo Gil Taboada, realizado tamén por Piedra a toda páxina.
A continuación preséntase o texto relativo ás bulas, con paxinación distinta ao das constitucións: Como preliminar, estas están antecedidas por un texto que clarifica a situación destas bulas na obra: Advertencia. Por quanto en estas Constituciones Synodales se citan varias Bullas, y Constituciones Pontificias, Antiguas, y Modernas, que deben tener presentes aquellos à quienes toca, especialmente los Ecclesiasticos, y aun mas los Confessores; y porque no todos pueden tener à mano estas Bullas, cuya noticia, è inteligencia les es tan necessaria, ha parecido conveniente escusarles el trabajo de buscarlas, dandoselas fielmente impressas al fin de estas Constituciones, que tantas veces se refieren à ellas; y son las siguientes. 1ª Bula: Ten portada, decorada cunha viñeta na que se representa no centro a mitra papal, rodeada de rocallas e figuras vexetais entre as que se sitúan, nos catro ángulos, símbolos xacobeos. Título: Sanctissimi D. N. Domini Innocentij Divina Providentia Papae XIII. Apostolicae litterae super Ecclesiastica Disciplina in Regnis Hispaniarum.2ª Bula: Decorada da mesma maneira que a anterior. Título: Constitutio SS. Domini Nostri Benedicti Papae XIV. De appellationibus, & Inhibitionibus concedendis, vel negandis. // Romae M. DCC. XL. II. Por último, ubícase o índice: Indice de los titulos, y constituciones, que se contienen en esta Synodo.
Iconografia Folla a continuación da páxina de Portada.: Santiago Matamouros; Santiago na Batalla de Clavixo;
A figura aparece a cabalo, rodeada dunha orla luminosa, Santiago caracterízase como peregrino, portando sombreiro adornado con vieiras. Cúbrese con capa. Na súa man esquerda, alzada, blande unha espada, na dereita porta o escudo coa Cruz de Santiago e un estandarte no que figura tamén dita cruz, así como dúas vieiras. O cabalo represéntase en actitude de movemento, sobre un grupo de mouros mortos e feridos, á súa esquerda un mouro tenta protexerse levantando o seu escudo en alto e blandendo na súa man dereita unha espada.
[Iconografía xacobea: Santiago Matamouros. Decoración con temas xacobeos. ¿Como surxen estas viñetas que decoran o texto? A imprenta dos Aguayo mostrará maior preocupación que outras coetáneas na presentación dos seus productos. No comezo da súa actividade]
Firmas/Marcas/Etiquetas No ángulo inferior esquerdo, Castelán
Piedra, Jacobo de la
Piedra [O gravado está asinado no ángulo inferior esquerdo: Piedra. Corresponde á sinatura de Jacobo de la Piedra. V. Autor.]
Datación 1747
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Difusión de normativa eclesiástica.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Rúa Nova
Clasificación Razonada Esta obra constitúese nunha das mellores impresas en Galicia na primeira metade do século XVIII. Para ilustrala contará coa aportación de Jacobo de la Piedra, abríndose numerosos gravados en estaño para viñetas, ademáis de dúas estampas coa escea de Santiago na batalla de Clavijo e o escudo de armas do arcebispo compostelán, Gil Taboada. Ademáis do texto relativo ás sinodales, a obra compleméntase con varias bulas que se citan nas constitucións, estas teñen paxinación conxunta, que se estende a 100 p.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 02/08/2005
Catalogación Porto Ruza, Ana
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6